viernes, 21 de octubre de 2011

EPPURE SE MUOVE

Actividades:
  •  Para el sistema heliocéntrico el sol está inmovil y ocupa el centro del Universo, la Tierra y los demás planetas giran alrrededor del Sol, la Luna gira alrrededor de la Tierra, mientras que las estrellas se encontrarían fijas a una lejana esfera móvil. indica cuáles de estas ideas se consideran hoy correctas y cuáles no.

En el sistema heliocentrico el sol está en el centro del Sistema Solar y gira sobre si mismo, la tierra y los demas planetas giran alrededor del sol, la Luna gira alrededor de la Tierra, mientras que las estrellas se encuentran en una lejana esfera móvil y girando sobre si mismas.
 
  •  Las palabra de Galileo, las pronunciara o no, se han convertido en el símbolo de la fuerza de la razón científica frente a la sinrazón de los prejuicios. Pero no fue el primero que padeció por sus ideas científicas. Otros, como Giordano Bruno, le precedieron. Busca información sobre este último y las circunstancias que le rodearon

Giordano Bruno, coñecido tamén por Nolano ou Bruno de Nola, naceu en 1548 nunha provincia de Nápoles, Nola, na Italia e foi condenado á fogueira da inquisición o 17 de febreiro do 1600.Giordano Bruno ingresou no convento dominico de Nápoles en 1566 onde se doutorou en teoloxía. Dominico como Tomé de Aquino, era fillo de Xoán Bruno, un militar italiano e Flaulisa Savolino. Sempre contestador, non tarda en atraer contra si mesmo opinións contrarias e persecucións. En 1576 abandona o hábito ao ser acusado de herexía por dubidar da Santísima Trindade.
Defensor do humanismo, corrente filosófica do Renacemento (cuxo principal representante é Erasmo), Bruno defendía o infinito cósmico e unha nova visión do home. Aínda que a filosofía da súa época estivese baseada nos clásicos antigos, de entre os cales principalmente Aristóteles, Bruno teorizou vehementemente contra eles. A súa forma e contido son moi semellantes aos de Platón, escribindo na forma de diálogos e coa mesma visión.
Nomada por natureza e modo de vida, Bruno baseou a súa filosofia apoiado nas suas intuicións e vivencias fóra do común. Non era un científico, nin valoraba a matemática, mais era un visionario, considerado místico por moitos.
Un dos puntos claves da súa teoria é a cosmoloxía, segundo a cal o universo sería infinito, poboado por milleiros de sistemas solares, e interligado con outros planetas contendo vida intelixente. Para esta perspectiva bebeu na fonte de Nicolau da Cusa, Copérnico e tamén de Giovanni della Porta.
Deus sería a forza creadora perfecta que forma o mundo e que sería inmanente a el. Bruno acepta os poderes humanos extraordinarios de Deus, mais enfrontouse abertamente á igrexa católica ridicularizando os milagres de Cristo e outras tantos dogmas católicos, tales como a virxindade de María.
O nobre veneciano chamado Giovanni Mocenigo, atopou a Bruno en Frankfurt en 1590 e convidouno a Veneza, baixo o pretexto de ensinar a mnemotécnica, a arte de desenvolver a memoria, en que Bruno era perito. Como Mocenigo quería usar as artes da memoria con fins comerciais, segundo algúns ou para prexudicar os seus concorrentes e inimigos conforme outros, pechou a Bruno nun cuarto e chamou os axentes da Inquisición para que o levasen preso, acusándoo de herexía. Bruno foi preso no San Castello no día 26 de maio de 1592.
Por estas opinións quentes e perigosas para a época, Giornano Bruno foi condenado pola inquisición, pasando os seus últimos oito anos sufrindo torturas e malos tratos de todos os tipos. No último interrogatorio non se retracta, mostra forza e coraxe. Por non abxurar, é condenado á morte na fogueira, mais antes de morrer afronta aínda máis unha vez aos seus inquisidores. Dise que cuspiu no crucifixo dos que o mataron. No entanto algúns consideran que non o fixo, e que este relato é para tentar denegrir máis a súa imaxe.
Ao ser anunciada a sentenza, de que sería executado piamente, sen profusión de sangue (que en verdade significaba a morte na fogueira) dixo: "Teme máis a Forza en pronuciar a sentenza do que eu en escoitala" Significando que a Forza - a Igrexa Católica sabería do crime contra a humanidade que estaría cometendo creando un mártir do pensamento. Anos despois, ante unha situación análoga, Galileo Galilei apenas susurrou "e pur si muove (aínda con todo iso, móvese...)" ao negar o heliocentrismo: Galileo, xa vello, tivo en conta o caso de Bruno e preservouse para poder continuar as súas investigacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario